II
Ben sei que non hay nada
Novo en baixo d’o ceo,
Qu’antes outros pensaron
As cousas qu’ora eu penso.
E ben, ¿para qu’escribo?
E ben, por qu’asi semos,
Relox que repetimos
Eternamente ó mesmo.
III
Tal com’as nubes
Qu’impele o vento,
Y agora asombran, y agora alegran
Os espaços inmensos d’o ceo,
Así as ideas
Loucas qu’eu teño
As imaxes de multiples formas
D’estranas feituras, de cores incertos,
Agora asombran,
Agora acraran,
O fondo sin fondo d’o meu pensamento.
Rosalía de Castro (1837 -1885)
Imaxe, ilustración de Helena Karenina inspirada no poema 1 “Has de cantar” do libro Cantares Gallegos de Rosalía, rentregada como agasallo da Deputación de Lugo no Día de Rosalía, o sábado 24 de febreiro de 2018.
Advertisements
%d bloggers like this: