Coincidendo coa semana das feiras, a asociación MAV, Mujeres en las artes visuales, organizou unha acción para poñer de manifesto a desigualdade de oportunidades entre homes e mulleres no mundo da arte.
Cunha imaxe deseñada pola socia de MAV, Carolina Núñez, de Brit Es Magazine, o sábado 24 de febreiro celebraron un debate en Hybrid co colectivo Coven Berlín e unha pegada de cartaces a prol de visibilizar e difundir as cifras da fenda.