Parafusa?

parafusalogopeq

PARAFUSA

Case invisibles, pequenas ou grandes, traballando a fondo, as parafusas son indispensables para, en calquera proxecto, manter todas as pezas unidas.

PARAFUSA é o espazo virtual de traballo e documentación de Pilar Sánchez Monje

image4145Desenvolveu durante máis dunha década unha intensa traxectoria, desde o ámbito privado e público, en difusión e produción en artes escénicas, con compañías de todos os formatos e linguaxes, de interior e en rúa, ademais de producir para diversos festivais de todo o territorio estatal e europeo (Musikale, Festival de las Artes de Castilla y León, La Noche en Blanco de Madrid, Fest’ Arts de Libourne, entre outros), e coñecer de cerca todos os mercados e espazos de exhibición de aquí e dacolá.

Desde 2011 está vencellada a programas de investigación, museoloxía social e mediación cultural nas artes plásticas e o patrimonio, con entidades como a Rede Museística Provincial de Lugo ou a Centro de Estudios del Románico – Fundación Santa María la Real, sempre poñendo o foco na dimensión social da cultura.

Con este obxectivo á vista, desde os anos 90 leva poñendo en práctica outros tantos proxectos, participando de asociacións artísticas, educativas e sociais. Na actualidade é socia de MAV, Mulleres nas Artes Visuais e da Asociación patrimonial O Sorriso de Daniel.

Comprometida coa visualización da diversidade de xénero na arte, foi unha das responsables de difusión en redes da Bienal MAV en 2016, foi xestora para a Rede Museística dos proxectos Mulleres en/para/por/desde/ante o Museo e do audiovisual Mulleres de Aquí e Dacolá. Desde 2013 a 1017, ocupouse da secretaría técnica/coordinación do Congreso Xéneros, Museos, Arte e Educación.

Pilar Sánchez Monje considérase unha activista da Cultura.

Queres saber máis?, visita o meu Linkedin

Falamos?

A %d blogueros les gusta esto: