Mulleres en/para/por/desde/ante o Museo

Historias de mulleres na Rede Museística Provincial de Lugo

Slideshare-Icon yutube Issuu_icon

En marzo de 2013 levei a cabo a actividade Mulleres en / para / por/ desde / ante o Museo co obxectivo principal de personalizar as obras dos distintos Museos da Rede Museística Provincial de Lugo, isto é, Museo do Mar, Museo-Fortaleza de San Paio de Narla, Pazo de Tor e Museo de Lugo, para crear lazos cos visitantes a través da creación de historias que salientasen a figura da muller nos diferentes ámbitos da vida, a prol de ofrecer unha paisaxe poliédrica do feminino hoxe en día e tamén con referencias ao pasado propio de cada participante.

Dada a implicación de diferentes colectivos, como asociacións de mulleres ou grupos de capacidades diferentes como ALUME, AUXILIA, AFAMON, A Mariña –COGAMI e ASPNAIS, e o carácter particular (etnográfico ou artístico) de cada museo dedicouse unha parte importante a traballar sobre unha linguaxe adaptada a cada necesidade, inclinándonos en certos casos polo uso da imaxe ou doutros recursos como mediadores nos relatos.

En Marzo de 2014 celebrouse unha exposición no Museo Pazo de Tor cunha selección das colaboracións realizadas.

Advertisements
%d bloggers like this: