Saín conmocionada de ver “A Palabra Xusta” onte no Vello Cárcere. Antía Cal, Tita, é referente de como podemos levar á práctica xa non ese tópico do noso sono, se non a realidade na que cremos: igualdade, educación para o desenvolvemento, a ciencia das cousas, a didáctica da curiosidade, con base no traballo e non pulo propio.

A realización do filme é tamén unha delicia: Muras, os brillos da natureza, os obxectos vellos do mesón, coas cartas de Antonio Beiras lidas como son de fondo. Pero sobre todo, son as verbas, as frases contaxiosas de Tita, como ladrillos cos que se deben seguir construíndo escolas. Anotei moitas, pero non se podían deixar escapar ningunha. E iso merece un post máis longo.