Fembiem, bajo el Reino de Oku, é un proxecto colaborativo comisariado por Victoria Bautista (@vicbausan) para o Museo de Arte Africano Fundación Jiménez-Arellano Alonso que foi exposto en outono de 2015 e no que tiven o gustazo de participar.
Vinte e catro mulleres, incluída a propia comisaria, achegaban obxectos persoais cargados de experiencias e poder protector para conformar unha peza única inspirada nas sociedades segredas máxicas de mulleres.
Fembiem viaxa ao MULAFEST, festival de carácter urbano con espazos dedicados á concertos, danza, tattoo, motor e tamén a arte. No IFEMA de Madrid, desde o 30 de xuño ata o 2 de xullo, artistas e centros expositivos amosan as súas creacuóns máis actuais. E aí onde se expón FEMBIEM da man da Fundación Jiménez-Arellano Alonso e Victoria Bautista.
Fotos © Victoria Bautista








