Moi contenta de participar neste proxecto orquestrado por Victoria Bautista (@vicbausan) inspirado na indumentaria que utilizaban algunhas sociedades segredas do Reino de Oku (Camerún) e que se pode contemplar no Museo de Arte Africano – Fundación Jiménez-Arellano Alonso da Universidade de Valladolid. Os traxes levan elementos que representan a forza e a protección fronte aos enemigos outorgando ao chamán poderes dentro destas sociedades. Fembiem é o nome que reciben o grupo de mulleres que tambén están presentes nestes colectivos de irmandade máxica.fembiem2

Nesta ocasión, Victoria deseña unha túnica como fondo para que vinte e catro mulleres relacionadas co sector cultural acheguen os seus vinte e catro obxectos persoais, repletos de experiencias e simbolismo apotropaico.

A consigna foi pensar en obxectos nos que descansa a túa confianza na hora de afrontar determinados retos. Unha vez todos xuntos, xa nada é meu ou teu, senon que todo pasa a ser un mesmo elemento que “funciona” grazas á suma de todas. Aínda así, é divertido preguntarse que aportou cada quen e queda para despois as confidencias sobre o seu significado.

Bajo_el_Reino_de_Oku_FEMBIEM_Victoria_Bautista_cartel

Victoria, aúna neste proxecto a investigación antropolóxica, o deseño, máis o traballo en redes.

Son la fuerza y el poder de la cultura. Son las “Fembiem” -sin ser secretas- del presente y el futuro.

Poderá visitarse do 29 de setembro ao 2 de novembro (prorrogada ata o 29) no Museo de Arte Africano – Fundación Jiménez-Arellano Alonso de Valladolid. Aproveito para recomendarvos unha visita polo resto das salas. A colección amosa esculturas de terracota, de metal, moblería, tecidos, pezas ornamentais magníficas e dentro dun espazo espectacular, o Palacio de Santa Cruz, renacentista de finais do XV, cun deseño museográfico máis que interesante.

©Fotos: Laura Emme

Advertisements
%d bloggers like this: