Xornadas Mujeres Creando

O 13 e o 14 de abril celebráronse en León as xornadas “Mujeres Creando”, organizadas por León Despierta e León en Común, sobre periodismo, feminismo e mundo laboral.

Con identidade propia, porén, parece asomar no seu xermen, certa resposta ao Congreso de Columnismo realizado na mesma cidade uns meses antes, nos que se publicitaban soamente homes como referentes de opinión. Un #todopirolos, en toda regra, vaia.   Rectificaron uns días despois  incluíndo a tres mulleres no programa, tras un aluvión de críticas nas redes sociais e nos medios de comunicación. 

No programa de Mujeres Creando, o día 13 contou cos relatorios da periodista e escritora Cristina Fallarás (‘Responsabilidade dos medios no silenzo’),  a columnista e profesora da Universidad Carlos III, María Eugenia R. Palop (‘As xornalistas na eclosión feminista do 8-M’,), a directora de Público, Ana Pardo de Vera, (‘Rachando teitos de cristal, techos de cristal. Cómo dirixir un xornal desde a igualdade’) e a deputada de Unidxs Podemos e escritora, Sofía Castañón (‘Desde aquí óeseme mellor pero, enténdeseme?’).

A xornada de mañá do sábado 14 estivo dedicada ao mundo laboral en ccontextos masculinazos ou feminizados. Participan: Marisa Rodríguez (Del Monte Tabuyo), Ganaderas en Red, traballadoras de axuda a domicilio, Natividad Catarino (fontaneira e calefactora) e máis  Silvia Villar (estudante de FP Superior de Mantemento de Instalacións Térmicas e Fluidos). Modera Ana Gaitero.

Chegáronme especialmente as reflexións dedicadas ao feminismo:

Cristina Fallarás:

O feminismo é un movemento político. O único internacional e solidario con redes asentadas e tecidas.

María Eugenia R. Palop:

O corpo é tamén concebido como fonte de subxectividade para construír unha identidade e outras identidades (LGTB).

O coidado non é unha carga, é unha responsabilidade.

Ana Pardo de Vera:

Sen os homes feministas, a igualdade é imposible. 

O periodismo é o oficio mis belo do mundo, ao menos así mo parece. É particularmente sanguento o estatus das mulleres nel.  

Unha sociedade que non é feminista, non é democrática.

E déixovos o resto para unha lectura máis pausada, seguindo a relación de tuits de #mujerescreando que veredes un pouco máis abaixo.

Parabéns á organización polas xornadas e grazas a Araceli Corbo e Noemí García por contárnolo todo tan ben vía twitter.