Esta semana é a cita para o XIII Curso de Primavera do Campus Terra USC – Facultade de Humanidades, baixo o título “Cine, Televisión e Cultura” e que terá lugar esta mesma semana, os días 3, 4, 5 e 6 de abril.
Leo no programa que as intervencións explorarán a linguaxe televisiva e fílmica, a súa relación coa literatura e a memoria, tamén coas utopías. Proxectaranse “Rebeca” de Hitchcock , o documental “Flores tristes” de Teo Manuel Abad, e “Mamasunción” e “Sempre Xorxa” de Chaño Piñeiro.
Claudio Rodríguez Fer é o responsable académico destas xornadas que contarán coa participación de Cristina Fiaño, Carmen Blanco, Melania Cruz e Tito Asorey, entre outrxs especialistas.
Máis información: http://www.lugocultural.es/news/166/24/Curso-de-primavera/d,Detalle/