A Asociación patrimonial O Sorriso de Daniel inicia as súas interesantes xeiras cun percorrido por terras ourensás.
Será o día 25 de febreiro domingo e contén as seguintes visitas:
- Exposición In tempore sueborum
- Antiga igrexa parroquial de Santa Cruz de Arrabaldo, agora de uso privado.
- Igrexa parroquial de Santa María de Feá en Toén.
As citas co Sorriso son sempre multitudinarias así que non deixedes caer esta oportunidade. É preciso inscribirse no correo electrónico osorrisodedaniel@gmail.com cos seguintes datos:
Asunto: reserva praza xeira ourense
Datos: Nome e apelidos de todos os asistentes que queiras inscribir e teléfono de contacto.
Importante dicir no correo se de segundo prato se quere carne ou peixe e avisar das posibles intolerancias alimentarias.
Prezo por persoa: 25euros a pagar in situ. O prezo inclúe entradas e guía das diferentes visitas así como o xantar. Non inclúe o traslado ata Ourense nin entre a cidade e as diferentes igrexas.
Límite para anotarse: cando se esgoten as prazas ou antes do 21 de febreiro.
Máis Info: http://osorrisodedaniel.blogspot.com.es/2018/02/xeira-do-romanico-e-non-tan-romanico-da.html