A partir de xullo de 2017 e tras a denuncia por supostos abusos de Carmen Tomé a Javier Duero, comisario nese momento das residencias artísticas A Quemarropa, no centro Las Cigarreras Creación Contemporánea de Alacant, axentes do mundo da arte e da cultura foron reuníndose a través das redes sociais baixo o nome de La Caja de Pandora, Na actualidade son más de 3000 mulleres artistas, comisarias, xestoras, comunicadoras, etc,, que se escoitan e apoian en sororidade. #EuCréote #Yotecreo: Despois chegaría o #MeToo tan prolífico nas redes.
MAV, Mujeres en las Artes Visuales manifestou o seu apoio a esta iniciativa en agosto de 2017, incluíndoo no programa do seu Foro celebrado en Sevilla e Madrid este mesmo ano.
O 29 de xaneiro de 2018, abriuse a Caixa de Pandora e desde Madrid, Londres e Lugo leeuse un comunicado de presentación e denuncia. Un paso ao fronte coa suma de todas. Os lugares elixidos non son froito do azar: Acceso ao Museo reina Sofía, a Tate Gallery, os Xardíns do Museo Provincial de Lugo. A caixa diante do Museo.
“Somos La Caja de Pandora, un grupo non mixto de máis de 3000 mulleres e outras identidades de xénero non hexemónicas, vinculadas coa arte e a cultura. Somos feministas, antirracistas, anticapacitistas e inclusivas con todas as diversidades. Organizadas e en loita por un contexto libre de violencias machistas e abusos de poder”.
La Caja de Pandora en Madrid
La Caja de Pandora en Londres
La Caja de Pandora en Lugo
Crear estratexias, escoitarse, protexerse, coidarse, son os principios deste grupo que crece e se organiza por todo o Estado. Ao fin e ao cabo trátase de defender a visibilidade e os dereitos que marca a Lei. Sen dúbida, merece un punto de atención importante esta ilusionante caixa.
Podedes seguir este movemento a través do seu Facebook: https://www.facebook.com/somoslacajadepandora