Inscrición aberta para o IV Congreso Xéneros, Museos, Arte e Educación

Scroll down to content

Acaba de abrirse o prazo de inscrición para esta cuarta edición do Congreso de Xéneros, Museos, Arte e Educación que terá lugar nos museos da Rede Museística Provincial de Lugo os días, 10, 11, 31 de marzo e 1 de abril. As prazas son limitadas, así que non demoredes moito en cumprir o formulario.

Decatámonos do peso que colle este encontro pois nas tres edicións anteriores espuxéronse un total de 107 relatorios, 30 comunicacións e foron confirmadas 289 inscricións.

Nesta ocasión, o programa do congreso inclúe un formato diferente para o día 11 de marzo no Pazo de Tor: A Clase Perigosa, coordinada por Ania González e o día 1 de abril, Día das Artes Galegas, estará adicada a Maruja Mallo. Non podemos esquecer a participación de artistas (Mónica Alonso, Luz Darriba, Mónica Alonso, Mery Pais, Paula Cabaleiro, o proxecto Nós + Outrxs en Rede), colectivos (ACADAR, Arelas, Fundación Daniela, Sí hai Saída contra a Violencia de Xénero, Asociación penitenciaria Concepción Arenal, Asoc. Rioplatenses en Lugo, Secretariado Gitano), e axentes sociais e da arte (Nour Al-Hussen, Miguel Salas, Jorge Marin, Paula Cabaleiro, Adriana Pazos, Amparo López Corral, Antonia Fernández Valencia), centros expositivos e educadores (Educathyssen, Musac, Museo de las Mujeres de Costa Rica, Consello da Cultura Galega),  así como proxectos de visibilización en museos (Museos en Femenino, Mujeres Mirando Mujeres, Bienal MAV).

Tamén serán ben recibidas as comunicacións que se envíen a partir do peche do Congreso.

Eu participo do equipo de coordinación e secretaría técnica, polo que agardo vervos moi pronto.

 

 

 

A %d blogueros les gusta esto: