Acaba de saír o Calendario románico 2017 dO Sorriso de Daniel

Scroll down to content

O Sorriso de Daniel é unha asociación que estuda, difunde e defende a conservación do patrimonio románico galego. Fundada en 2010, os socios e as socias nunca dubidan en arremangarse para facer unha limpeza e favorecer o acceso aos templos ou escribir a quen corresponda demandando á Administración que cumpra coa súa responsabilidade de garantir a protección dos nosos bens. E sempre con aire de celebrar. Eu son un sorriso máis desde o ano 2013. 

Unha das accións que máis visisibilidade  acada é a realización do calendario, onde as fermosas fotos de Soledad Felloza acompañan aos meses e as nosas reivindicacións.

No suceder dos anos, o foco foi variando de concellos pero coa mirada posta, especialmente nestes últimos almanaques, na Ribeira Sacra.

:: 2011- O románico polas Terras da Ulloa

:: 2013- San Paio de Abeleda e a Ribeira Sacra ourensá.

:: 2014- O románico entre  Miño e  Sil, concellos de Pantón e O Saviñao

:: 2015- O románico do Búbal ao Asma, concellos de  Chantada e Carballedo

:: 2016- O románico de Chantada e Taboada.

Nesta ocasión viaxamos ao norte da Ribeira Sacra para visitar Portomarín e Paradela. Acompañan ás fotos textos de Xaime Delgado e James D’Emilio, entre outrxs. E denunciamos o parón que está a sufrir o proxecto de presentación da Ribeira Sacra como Patrimonio da Humanidade ante a UNESCO.

O almanaque pódese conseguir en librarías por toda Galicia ou preguntándonos directamente a través do enderezo osorrisodedaniel@gmail.com, ou nas nosas redes sociais, Facebook e Twitter.

Que o Románico vos acompañe tamén en 2017!

A %d blogueros les gusta esto: