En 2014, cun intenso curso de Desenvolvemento Web da Xunta de Galicia, entrei no ámbito das páxinas webs a fin de afondar nos meus coñecementos e prácticas en comunicación dixital. Tiven así a oportunidade de publicar algún proxecto desde o plano do experimental.
En outubro deste ano, reunínme con Carmen Llonín para concretar o proxecto da súa páxina web. Era unha idea que comentamos uns meses atrás e que me atraía enormemente, como seguidora que son da súa obra.
Realizar este proxecto con éxito, sobre todo se é o primeiro para un/ha artista, conleva facer unha exahustiva memoria de toda a traxectoria e estruturala. É importante ter a comunicación adecuada que sirva para guiar e aconsellar sobre o que se debe destacar e o que non; sobre as utilidades e futuros usos, pois unha web debe ter vistas a ser de longa duración, no que ao seu esqueleto se refire; e deixar unha porta aberta para que poidan engadirse contidos sen dificultade para a usuaria.
De cara ás visitas, esta web, e en sintonía con Carmen, tanto en deseño como estrutura, debería ofrecer á vista uns puntos esenciais:
- Un aceso ordenado e fácil á estensa traxectoria de Carmen Llonín.
- A súa profunda vinculación persoal e profesional coa Natureza.
- O seu compromiso con outros proxectos que coinciden na súa concepcion da arte.
Por iso fun rexeitando algúns modelos ata vencellarme por un limpo, responsable, e sobre todo, onde a obra destacase na pantalla sobre calquera outro elemento. Son moi útiles nestes casos botar man daqueles que utilizan portfolios, carpetas que sirven tanto para amosar como para gardar a documentación, así como os que ofrecen categorizar a información ademais de etiquetar.
Isto é o que nos ofrece ORVIS. Ese será o primeiro paso porque sempre será necesario facer modificacións en fondos, menús, etc… que sigan respondendo ás liñas marcadas en deseño e contidos.
Así que, convídovos a visitar a web de Carmen Llonín a través deste enlace CARMEN LLONÍN.