![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
A Área de Cultura da Deputación de Lugo a través da Rede Museística Provincial organizou o II Congreso Xénero, Museos, Arte e Migración durante os días 6, 7 e 8 de marzo, con 38 profesionais que traballan neste eido desde as institucións, a creación, a investigación, os movementos sociais e o asociacionismo.
Esta edición rachou co sistema clásico de conferencia e a disposición separada público/conferenciantes. Cada día correspondía a un dos bloques que organizan o congreso, e en cada sesión tiñan a palabra 10/12 relatorxs que contaban con cinco minutos para a súa presentación. O resto do tempo abríase o debate entre asistentes e relatorxs, dispostos en círculo.
As comunicacións, chegaron en formato vídeo e algunhas foron presentadas durante as sesións do congreso. Foi moi interesante a forma en que xs investigadorxs aceptaron o reto que supoñía este formato. Como axuda, creei unha serie de infografías que describían o proceso básico de creación audiovisual.



Como coordinadora do Congreso, encargada da súa produción, a loxística, responsable da comunicación e das redes sociais, establecín unha liña de comunicación coxs asistentes moi estreita e constante, para activar su actitud participativa no Congreso. A idea que nos marcamos desde a organización foi a de manter un ambiente de convivio, de diálogo continuo e real.
As conclusións deses tres intensos días podedes lelas neste enlace.
Este Congreso está avalado polo ICOM.























