Tras a exitosa campaña de 2016, ábrese unha nova convocatoria da Bienal MAV para 2018.
MAV, Mujeres en las Artes Visuales, é un colectivo de ámbito estatal dedicado a dar visibilidade ao traballo das mulleres no mundo das artes. Constituiuse en maio de 2009 tras a mesa de debate ao redor de “Arte e muller” celebrada na Casa Encendida de Madrid con profesionais de todo o Estado.
Esta convocatoria está dirixida a artistas, comisarias, investigadoras e colectivos que teñan, como mínimo, un 60% de socias. O obxectivo é dar visibilidade ás mulleres no ámbito das artes visuais desde unha perspectiva feminista, comprometidas co retorno social e as boas prácticas. Falamos de exposicións, accións construccións efémeras,proxeccións de vídeo, obradoiros, etc… Máis info? preme no enlace. As solicitudes poden presentarse ata o 31 de marzo.