MUSAC: VII Encuentro sobre Redes Sociales en Museos y Centros de Arte. Proliferación de datos

Scroll down to content

Os vindeiros 10 e 11 de marzo terá lugar no Museo de Arte Contemporáneo de Castilla y León (MUSAC) a séptima edición deste encontro que sigo particularmente e en moitas ocasións vía streaming. Esta edición está dedicada ao control e estudo dos datos que recollemos da nosa contorna dixital e das redes sociais, ao Big Data, ao apropiacionismo de imáxenes, á manipulación de información.

Desde o programa, propoñen un debate sobre o que supón a participación social e política a partir da chegada de internet e as redes sociais, e como repercuten estas na nosa intimidade, na autoría, nos medios de comunicación e na democracia, desde moi distintas perspectivas: social, económica ou política.

O sábado 10 de marzo está centrada na análise e no debate con Susana Blas (comisaria e historiadora del arte), Joan Fontcuberta (fotógrafo), Belén Gopegui (escritora), Marta Peirano (adxunta ao director de eldiario.es), Félix Pérez-Hita (realizador), e José Luis de Vicente (escritor e investigador).

O domingo é de carácter práctico con o obradoiro Estrategias digitales y evaluación de resultados, responsabilidade da analista dixital Elena Villaespesa, de brillante currículum e que deu relato do seu paso pola Tate Gallery nas xornadas DEAC de 2012.

Más información e programa, http://musac.es/#programacion/programa/?id=1865&from=jornadas

Inscricións, https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSc7t_LVIlQ9lTTRRKSdRr_8yZsu3dP5aT-z7O9RuLs3rSHFrw/viewform*

*Pode que a día de hoxe estea xa completo o número de prazas pero se pode seguir o encontro por streaming. #RRSSMuseos 

 

 

 

Advertisements
%d bloggers like this: